ELECTRÓNICA Dixital Un dos campos que máis avanzou na historia moderna da tecnoloxía foi a electrónica. Dende que a mediados do século pasado se empezou a utilizar os semiconductores para a construcción de diodos e transistores, a implementación de circuitos foi cada vez máis grande en cantidade, e cada vez máis pequena en tamaño. Non poderíamos entender o mundo actual sin os grandes avances nos sistemas dixitais que nos rodean. Neste bloque trataremos de coñecer e ampliar os nosos coñecementos nos sistemas numéricos, na álxebra de Boole e na implementación de circuitos dixitais que den solución a problemas reais. Para o estudio de este Bloque dividiremos os contidos en distintas unidades didacticas:
1.- Sistemas numéricos. Alxebra de Boole e circuitos combinacionais
Nesta unidade estudiamos os distintos sistemas numéricos aplicados á circuitos dixitais: Binario e Hexadecimal. Tamén veremos as operacións básicas da álxebra de Boole e como implementar ciruitos.
2.- Minimización de funcións lóxicas.
Un dos aspectos máis importantes na implementación dun circuito é que este sexa o máis simple posible, dado que esto leva consigo que sexa barato e fácil de montar. Para acadar esto deberemos minimizar as funcións dixitais, e veremos algún dos métodos mais utilizados.
Materiales del tema.